O CLUB CICLISTA GUARDÉS EFECTUARÁ UNHA SAÍDA DE CICLOTURISMO POLO BAIXO MIÑO E LOURIÑA

Infogauda / A Guarda
O vindeiro domingo día 19 de setembro, ás 9.00 h., desde a Alameda de A Guarda, terá lugar unha nova saída de Cicloturismo, orgaizada polo Club Ciclista Guardés.
Nesta ocasión o trazado é o seguinte: A Guarda - Goián - Tomiño - Tui - O Porriño - Parderrubias - Cruce Salvaterra de Miño - Caldelas de Tui - Guillarei - Tomiño - Goián - A Guarda.
Serán 95 quilómetros de percorrido polas fraternas terras do Baixo Miño e da Louriña, con tramos dunha indiscutible beleza natural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario