29 de xul. de 2010

OURENSE

DUAS DÉCADAS DO CICLO DE ÓRGANO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA




Infogauda / Ourense

Este ano chega a XXI edición do Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía, que se desenvolverá os domingos de agosto, a partires das 20:00 horas, na Colexiata de Santa María a Real de Xunqueira.
O alcalde de Xunqueira, José Luis Gabilanes, presentou esta mañá o programa, que se abre o domingo, día 8 de agosto, cun concerto de “Ars Combinatoria” e que terá continuidade os domingos días 15, 22 e 29 do mesmo mes. O máximo responsable municipal lembrou o nacemento deste ciclo e loubou, tanto a calidade do órgano (do século XVIII e que se conserva sen engadidos nin alteracións) como a dos músicos participantes.Asemade, Gabilanes Losada informou do proxecto de reforma integral que se está elaborando para o entorno da colexiata e do casco histórico de Xunqueira, baixo a dirección do prestixioso arquitecto César Portela.

Bieito Iglesias, director da editorial Ir Indo e Fillo Predilecto do concello de Xunqueira, fixo un encendido eloxio das cualidades desta vila e da necesidade de implicacións por parte das administracións públicas nos proxectos presentados polo alcalde.

O Director do Centro Cultural da Deputación, Francisco González, lembrou que a Deputación leva colaborando con esta iniciativa dende a súa creación e eloxiou a “sensibilidade e constancia” de José Luis Gabilanes para manter un ciclo deste prestixio nun concello tan pequeno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario