O BNG REXISTRA UNHA INICIATIVA SOBRE AS MELLORAS DE ABRIGO NO PORTO DA GUARDA
Para o deputado Bieito Lobeira, ademais de resolver as deficiencias cumpre que sexa instalado un surtidor de combustíbel pesqueiro, a metade de prezo, como ocorre no porto da Coruña
Infogauda / Santiago de Compostela
Infogauda / Santiago de Compostela
O portavoz de pesca do grupo parlamentar do BNG, Bieito Lobeira, rexistrou no Parlamento galego unha pregunta sobre as deficiencias do porto da Guarda que acolle a máis de cen embarcacións pesqueiras, fundamentalmente de baixura.
Lobeira solicita as melloras das condicións de abrigo do porto e tamén a dotación dun surtidor de combustible pesqueiro, incluíndo gasolina cunha rebaixa da metade do seu prezo, como xa está acontecer no porto da Coruña.
O deputado nacionalista quer saber se o Ente Público Portos de Galiza ten previsto acometer as obras de mellora do porto da Guarda, con que prazos e investimentos.
Asemade, Lobeira tamén se interesa nesta iniciativa, polas melloras da lonxa da Guarda.

OS VOSOS COMENTARIOS:
Anónimo dixo:
Seguimos cas rebaixas pero a dinamita, exceso de redes, nasas, palangres... que están depositadas no mar, e non pasar todo o peixe por lonxa, ¿Que pasa con isto? Os vixiantes miran para o ceu.
A Administración o que lle interesa e cobrar por todo.
DINAMITA HOSTIA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario