27 de maio de 2010

Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe, xoves 27 de maio, en San Caetano


· Reunión do Consello da Xunta de hoxe
Autora: Conchi Paz

A Xunta aproba un novo Programa Aluga que incrementará nun 27% as axudas efectivas das que se beneficiarán máis de 6.000 familias galegas e diminúe un 82% o gasto de funcionamento

· O presidente galego, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta
Autora: Conchi Paz
O presidente da Xunta di que o custo total do plan será de 34 millóns de euros, nos vindeiros tres anos, e destaca que chegará a máis galegos ao ampliarse os tramos de ingresos dos potenciais beneficiarios.
No caso das mulleres vítimas de violencia de xénero a subvención increméntase en 10 puntos, subindo ata o 80%.
Para os propietarios das vivendas o programa prevé dous tipos de axudas: subvención de obras e actuacións de reforma na vivenda e subvención de gastos derivados do aluguer.
O Consello aprobou tamén o anteproxecto de Lei de Augas que permitirá acadar o saneamento das rías e dos ríos de Galicia no ano 2015 atendendo a un uso sustentable e racional da auga.
Di que a nova norma establece dous principios fundamentais: a austeridade, “na administración autonómica non haberá dúas institucións para a xestión da auga, haberá unha”; e o principio de custos, “substituímos o actual canon de saneamento por un tributo progresivo segundo o consumo, de xeito que os que máis consuman pagarán máis”.

Roberto Varela presentará mañá o proxecto integral e plan de usos para a Illa de San Simón
O conselleiro de Cultura e Turismo asistirá na Illa de San Simón á reunión do padroado da Fundación e dará a coñecer os eixes de actuación para converter este enclave nun centro cultural de referencia internacional.

A coordinación entre administracións é clave para a protección integral das mulleres vítimas de violencia de xénero
Marta González na inauguarción das xornadas
A Secretaría Xeral da Igualdade organizou a I Xornada sobre Puntos de Coordinación das Órdes de Protección.
Once Comunidades Autónomas poñen en común as súas metodoloxías, o seu sistema de actuación e a súa organización, nun intento de aprender unhas de outras e, ao mesmo tempo avaliar a eficacia dos seus sistemas.
O director xeral de Xustiza defendeu a importancia dos Puntos de Coordinación das Ordes de Protección para poder levar adiante a protección integral das mulleres vítimas.
Ler máis.

Gamallo salienta que a Unión Europea esta a adoptar plans de acción e estratexias para combater o estrés que xa é a segunda enfermidade laboral na Unión Europea

· O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou na Conferencia Europea sobre a promoción da saúde e o benestar no traballo “Estres laboral”
A Estratexia Europea sobre Saúde e Seguridade no Traballo, alenta a cambiar os patróns de comportamento integrando a saúde e a seguridade nos programas de formación e educación, para a prevención e o tratamento do estrés.
Ler máis.

A Consellería do Mar comprométese co sector a intensificar o control e a vixilancia da extracción de cría de mexillón


Imaxe da reunión
Os directores xerais de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños e de Competitividade e Innovación Tecnolóxica mantiveron unha xuntanza con representantes de asociacións do sector bateeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario