A DEPUTACIÓN INVISTE PRETO DE 700.000 EUROS EN 211 CURSOS DESTIÑADOS Á 428 ASOCIACIÓN DE MULLERES E MAIORES

Estes cursos se enmarcan dentro dos programas sociais “Pensa en ti” e “Ti tamén contas”
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra reunida hoxe en Xunta de Goberno aprobou a adxudicación definitiva dos programas sociais “Pensa en ti”, destinado a asociacións de mulleres, e “Ti tamén contas”, cuxos destinatarios son asociacións de maiores. O investimento total da institución provincial para estas iniciativas é de 682.200 euros (497.000 euros e 185.000 euros, respectivamente).
Pensa en ti
A finalidade de “Pensa en ti” é a concienciación, por parte das mulleres, do seu papel na sociedade, posibilitar o seu acceso a actividades que permitan o seu desenvolvemento tanto individual como de grupo e promocionar novos eidos de interese e traballo creativo. No programa “Pensa en ti” participarán preto 8.000 mulleres integradas en 319 asociacións de mulleres ou con vogalía da muller de toda a provincia de Pontevedra. Estes colectivos terán acceso a 133 modalidades de cursos distribuídos en 6 áreas diferentes:
Na área de manualidades, arte e bricolaxe impartiranse 8 cursos de artesanía textil (tales como ganchillo, encaixe de bolillos, calceta…), 16 de artesanía en papel, tela, coiro, madeira e outros materiais (cestería, velas artesanais, talla de cristal…), 5 de actividades artísticas (como, por exemplo, fotografía, pintura e debuxo ou escultura…), 6 de reparacións domésticas e bricolaxe no fogar (pintura de mobles, tapicería, mecánica…), e 2 de bricolaxe ecolóxico.
Na sección de cociña, agricultura e elaboracións artesanais daranse 9 cursos diferentes de cociña (cata de vinos, elaboración de licores, repostería…), 6 de agricultura (cultivo floral, herboristería, poda…), e 2 de elaboracións artesán (perfumes e xabóns caseiros).
Na área de desenvolvemento persoal e saúde física e mental haberá 7 cursos dedicados actividades físicas e deportivas (tales como pilates, Tai-Chi ou defensa persoal), 7 de actividades terapéuticas e de relax (masaxe terapéutico, educación postural, prevención de lesións…), 8 de coidado da imaxe persoal (asesoramento e imaxe, automaquillaxe, aromaterapia…) e 13 de comunicación e desenvolvemento persoal (risoterapia, musicoterapia, protocolo…).
Un cupo de cursos vai enfocado á cultura tradicional, música e baile englobando: 6 cursos de cultural tradicional (teatro galego, a muller na arte galega…), e 20 de música e baile (bailes de salón, danza do ventre, gaita…).
Na sección de formación para a igualdade entre homes e mulleres se pode atopar ata un total de 3 cursos destinados á fomentar o trato igualitario entre os dous sexos.
Para rematar, na área de desenvolvemento profesional se impartirán 5 cursos de novas tecnoloxías (como, por exemplo, Internet, Photoshop, Facebook…), 7 de idiomas (inglés, francés, ruso, italiano…), 10 de servizos na empresa (contratos e nóminas, caxeira, corte e confección…) e 6 de servizos a persoas (primeiros auxilios, coidado de nenos…).
Ti tamén contas
No “Ti tamén contas” participarán 109 asociacións de maiores que agrupan a preto de 3.000 persoas da provincia de Pontevedra. A través deste programa se pretende fomentar a participación social, que os maiores se conciencien do seu papel activo na sociedade. Neste caso hai un catálogo de 78 cursos repartidos en diferentes áreas:
Na área de desenvolvemento persoal e saúde se impartirán 18 cursos distintos; algúns dos máis atractivos son, por exemplo, o de danzaterapia, herbas medicinais ou o de axilidade mental e prácticas de memoria. Na sección de arte e manualidades haberá 25 cursos diferentes como poden ser o de fotografía, tallado de madeira, pintura en telas ou o de elaboración de xabóns caseiros. No apartado de cultura e cultura tradicional se poden contar ata 19 cursos relacionados co mundo da cultura como, por exemplo, o de teatro, cineforum, astronomía ou o de idiomas. A área de informática tamén ten cabida no programa “Ti tamén contas” a través de 5 cursos diferentes nos que se aprende a utilizar dende Internet ata o Photoshop. O apartado denominado “Informativo” comprende 6 cursos entre os que destaca o de sexualidade na vellez, preparación á xubilación ou educación viaria. Xa por último, está a sección de discapacidade na que se impartirán 5 cursos que tocan moi diferentes eidos como son a estimulación cognitiva, obradoiros de reminiscencia ou os cursos de autoestima para maiores discapacitados.

Ningún comentario:
Publicar un comentario