8 de maio de 2010

O ROSAL

ESTE SÁBADO, CONCERTO DO GRUPO FOLK NA REVOLTA, EN FORNELOS



Infogauda / O Rosal



O grupo folk Na Revolta, ofrecerá un concerto este sábado día 8 de maio, a partires das 22.30 h., no local da Asociación Veciñal Río Folón, de Fornelos (O Rosal).
Na súa actuación o grupo Na Revolta interpretará pezas de raíz tradicional e composicións própias, algunhas das cales - como "Andró", "Aghachadiño na Freixa", "Barroca", "Con Silvas", "Entre o millo", ..., entre outras - están recolleitas no seu primeiro traballo discográfico Na Revolta ... "al punto", gravado e presentado en 2008.

Ningún comentario:

Publicar un comentario