27 de maio de 2010

A GUARDA

8 ATLETAS DO CLUB SAN XEROME, Ó CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO


Na fotografía aparece o equipo de relevos femeninos 4 x 100 (Maite Barros, Amparo, María F. e Maite Santos), coa medalla obtida no recente Campionato Galego de Atletismo

José Carlos González Blanco / A Guarda
O Campionato terá lugar nas Pistas do Estadio da Xuventude en Pontevedra, os días 27 e 28 de maio en xornadas de mañán e tarde. Participarán 53 Clubes de todo o Estado Español e un total de 307 atletas.
O noso Club, con deportistas da comarca do Baixo Miño, estará representado polos seguintes atletas:
Na categoría de competición: Luis Antonio Sández (Tui), Borja Cadilla (A Guarda), Javier Portela (O Rosal), Domingo Albadalejo (Tui) e María F. García ( O Rosal); e na categoría adaptada: Amparo Ferreira (A Guarda), Maite Santos (Tomiño) e Francisco Martínez (O Rosal).
Acompañan os deportistas os adestradores David Parada e Roberto Martínez, para completar unha tempada chea de éxitos grazas o seu traballo e o do resto dos adestradores do Club: Jose A. González Morais, Mario Lomba, Amalio Verd, Heriberto Martínez e José Antonio Vázquez (Pepi).

A tempada rematará no mes de Xuño coa celebración do Campionato de Seleccións Autonómicas en San Fernando (Cádiz), no que haberá unha importante representación de deportistas do noso Club, da que informaremos próximamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario