12 de maio de 2010

GALICIA

Queremos Galego chama a encher a Praza do Obradoiro o 17 de maio



Queremos Galego / Baixo Miño
A plataforma cidadá Queremos Galego convoca para o 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha manifestación en defensa da lingua .

“O Galego, o noso existir” é o lema escollido para esta mobilización que non hai dúbidas de que será de novo histórica polas súas dimensións.

A manifestación partirá ás 12 da mañá da Alameda de Santiago de Compostela e rematará na Praza do Obradoiro, que Queremos Galego confía en ateigar de novo, como xa acontecera na masiva manifestación contra o decretazo no ensino do pasado 21 de xaneiro.

Como en ocasións anteriores, a Plataforma Queremos Galego dispoñibilizará un servizo de autobuses para todas aquelas persoas que desexen acudir a Compostela.

O itinerario dos autobuses desde o Baixo Miño será o seguinte:

9:30.- A Guarda; Alameda
9:35.- Pías
9:40.- Goián
9:45.- Tomiño; Praza do Seixo
10:00.- Tui; Corredoira
Os autobuses de volta sairán de Compostela ás 17:30

O prezo da viaxe será de 5€ para as persoas maiores de idade e gratuíto para os/as menores. Pódense reservar prazas nos autobuses no teléfono 679 986 290 até o venres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario