16 de abr. de 2010

OURENSE

REPORTEIROS DA TVG GANA O PREMIO “CARRACEDO” DE XORNALISMO E ALEJANDRO MINGUEZ O SEGUNDO



Infogauda / Ourense

Reporteiros da TVG resultou gañador da última edición do premio Xosé Aurelio Carracedo de Xornalismo convocado pola Deputación de Ourense e dotado con 5.000 euros. O xurado considerou que debía conceder este galardón a duas reportaxes realizadas polo programa que dirixe Manuel Maceiras, sobre os parques naturais de Galicia e sobre as bolsas de plástico e a súa desaparición progresiva. Os membros do xurado valoraron de maneira especial a calidade de stas dúas reportaxes, a pluralidade de enfoques con que se presentaban os temas a tratar e o seu interese informativo.
O segundo premio deste certame xornalístico, dotado con 3.000 euros, foi para o xornalista ourensán Alejandro Mínguez, por unha ampla colección de artigos publicados no semanario “A Nosa Terra” centrados monograficamente na divulgación micolóxica. Ademais da calidade dos textos, o xurado puxo especialmente de relevo a amplitude informativa do tema tratado, afrontando aspectos científicos, culinarios, prácticos e divulgativos, con un léxico especialmente rico.Os galardonados recibirán o seu premio nun acto a celebrar o día 3 de maio, día Internacional da Liberdade de Prensa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario