19 de abr. de 2010

GALICIA

Agustín Hernández anuncia que o tramo da VAP do Baixo Miño ata o enlace da Ponte de Goián será autovía dende o primeiro momento


· O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández
Autor: Xoán Crespo
Infogauda / Galicia
A consellería de Medio Ambiente rematará en 2013 os dous tramos en obras da VAP Tui- A Guarda e porá en servizo a totalidade da vía antes de que remate o 2015.
Afirmou que a actual Xunta non é responsable do que fixo o bipartito con esta vía de alta capacidade, paralizando durante catro anos o tramo intermedio.
A VAP Tui-A Guarda está recollida dentro do Plan MOVE (Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica), cun orzamento que supera os 200 millóns de euros e ten unha lonxitude de 24,5 quilómetros.
O conselleiro manifestou a necesidade de que os concellos colaboren na procura de acadar o mellor trazado.

Hoxe entra en vigor a nova normativa de habitabilidade da Xunta

Este texto da Consellería de Medio Ambiente conta cun amplo respaldo dos colectivos que interveñen no proceso de promoción e construción de vivendas.
O texto legal nace despois dun amplo consenso con todos os colectivos implicados, o que contrasta coa ampla contestación da anterior norma, elaborada polo Goberno bipartito.
A normativa de habitabilidade regula todos os aspectos que debe cumprir unha vivenda para considerarse habitable.
Este novo regulamento evita conflitos con outras normas sectoriais e co planeamento urbanístico.

Ler máis.

O DOG publica a orde de axudas de medio rural para paliar os danos producidos polo xabarín en cultivos agrícolas.
O orzamento previsto pola Consellería para esta liña de axudas ascende a 250.000 euros, dotación que poderá ser incrementada.
As axudas comprenden os danos producidos por este animal en cultivos agrícolas dende o 1 de outubro de 2009 ata o 30 de setembro de 2010.
A Xunta abre o prazo de convocatoria das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados
As achegas económicas teñen por obxecto facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do retorno á Comunidade Autónoma.
O prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2010.

Ningún comentario:

Publicar un comentario