A DEPUTACIÓN INVISTE PRETO DE 23.000 EUROS EN 8 AGRUPACIÓNS DE COMERCIANTES DAS COMARCAS DE BAIXO MIÑO, VAL MIÑOR, CONDADO E PARADANTA

Estas achegas se enmarcan dentro dun proxecto de 120.000 euros destinado a mellorar a competitividade dos pequenos comercios da provincia
Infogauda / Pontevedra
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra, reunida hoxe en Xunta de Goberno, aprobou as bases de axudas públicas destinadas a mellorar a competitividade e a capacidade de innovación dos pequenos comercios da provincia. Este proxecto, no que entidade provincial investiu 120.000 euros, vai dirixido ó financiamento de actividades de promoción e introdución das novas tecnoloxías no traballo diario das asociacións e a implantación nelas de sistemas de xestión electrónica. Por ende, os destinatarios destas axudas son as asociacións de comerciantes, grupos ou colectivos sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades cuxos beneficiarios en último termo sexan os pequenos comercios da provincia de Pontevedra.
Comarca de Baixo Miño e Val Miñor (16.591 euros)
Concello de Tui (6.631 euros)
A Federación de Empresarios do Baixo Miño (FEIDOBAM), recibirá unha axuda de 4.111 euros que destinará á actualización dos seus equipos informáticos.
Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui; Axuda para as campañas de Nadal, dos Namorados e do Día do Pai, por valor de 2.520 euros.
Concello A Guarda (4.440 euros)
Pola súa banda, a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e empresarios (ABACO), recibirá unha axuda de 1.500 euros para a elaboración dunha páxina web.
Asociación de Empresarios de A Guarda (ACIGU); Axuda destinada á campaña de Nadal, por 2.940 euros.
Concello de Nigrán (2.520 euros)
Asociación de Empresarios do Val Miñor; Axudas para a campaña de Nadal, por valor de 2.520 euros.
Concello de Baiona (3.000 euros)
Asociación de comerciantes e Empresario de Baiona; Axuda destinada á elaboración dunha páxina web; 3.000 euros.
Comarcas de O Condado e A Paradanta (5.436 euros)
Concello de As Neves (3.000 euros)
Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Neves; Axuda destinada á elaboración dunha páxina web e á adquisición de equipos informáticos. 3.000 euros.
Concello de Ponteareas (2.436 euros)
Asociación Local de Comerciantes de Ponteareas; Axudas destinada á elaboración de tarxetas de fidelización, cunha achega de 2.436 euros.

Compromiso da Deputación co Comercio
Esta acción aprobada hoxe pola Xunta de Goberno se suma ós numerosos proxectos iniciados pola entidade de cara a apoiar o comercio e o consumo na provincia. O comercio é un dos sectores que máis empregos xera (preto do 50%), e ademais, ten unha incidencia directa sobre o turismo e o desenvolvemento dos pobos e cidades. Tan só na provincia de Pontevedra existen preto de 14.000 establecementos. De aquí, entende a Deputación a necesidade de traballar cóbado con cóbado cos comerciantes e consumidores para evitar o peche de comercios e o aumento do paro.
Consciente de que o sector comercial viuse especialmente afectado pola crise actual, as liñas básicas de axudas da institución provincial, son catro: o apoio á creación e consolidación dos Centro Comerciais Abertos, a formación e cualificación do sector comercial, a colaboración cos concellos e a posta en valor, rehabilitación e pedonalización dos centros urbáns.
Dentro destas directrices xerais algunhas das iniciativas concretas que a Deputación está a levar a cabo son: apoio a centros comerciais urbáns e asociacións, a introducción no sector de novas tecnoloxías (foros en Cambados e Tui, xornadas técnicas en Gondomar, Sanxenxo, Pontevedra...), edición de guías comerciais, apoio o comercio minorista (Plan Director do Comercio 2009-2012), apoio ás cámaras e os concellos, captación de financiamento externo (proxecto Mercurio, financiado con 2,5 millóns de euros; Observatorio de Comercio, que permitiu detectar os principais problemas do sector a través de enquisas realizadas en preto de 1.500 establecementos...), ou creación, por vez primeira, dunha Área de Comercio dentro da propia Deputación que so no último ano puxo en marcha iniciativas como: “Programa Comercia”, de asesoramento técnico a asociacións; o plan “Á túa Medida”, no que un experto en Merchandising se despraza ós comercios para impartir formación in situ; o programa “Falemos de Comercio”, con xornadas de difusión de experiencias de éxito e de boas prácticas no pequeno comercio; as Liñas d Axuda para a innovación, promoción, dinamización e cooperación comercial de asociacións e particulares; ou os “Premios Provinciais do Pequeno Comercio” para premiar e dar continuidade ó modelo do pequeno comercio da nosa provincia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario