O GRUPO MUNICIPAL TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL APOIA ÁS REIVINDICACIÓNS DOS TRABALLADORES DO HOSPITAL DA CRUZ VERMELLA DE VIGO

Terra Galega tamén apoia ós pacientes e ás súas familias, así como o mantemento das instalacións
Infogauda / A Guarda
Para seu debate na vindeira sesión plenaria do Concello de A Guarda, e súa aprobación se procede, Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, no concello guardés vén de presentar á seguinte moción:
Dende o Grupo Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a manifestar o noso apoio e respaldo as reivindicacións d@s traballador@s, así como tamén a dos pacientes e familiares para o mantenemento en funcionamento das instalacións
HOSPITAL CRUZ ROJA DE VIGO
As Centrais Sindicais que compoñen o Comité de Empresa do Hospital da “Cruz Roja” de Vigo, subscriben o seguinte manifesto:
HOSPITAL CRUZ ROJA DE VIGO
As Centrais Sindicais que compoñen o Comité de Empresa do Hospital da “Cruz Roja” de Vigo, subscriben o seguinte manifesto:
Os intereses partidistas da ONG Cruz Roja e do SERGAS, pecharán un Hospital de case 60 anos de historia e emblema na cidade de Vigo. Un Hospital que lle da unha cobertura social esencial á Comarca de Vigo para a atención a pacientes sen recursos e de longa estancia debido ás especiais circunstancias da súa enfermidade. Do mesmo xeito, deixará na rúa á totalidade da plantilla, 70 traballadores/as moitos deles con máis de 30 anos de servizo no Hospital e cunhas idades de complexa reinserción laboral. Polo que, solicitamos da cidadanía e das Administracións competentes que tomen as medidas oportunas para que non se leve a cabo dito atentado socio-laboral por parte da Cruz Roja, co consentimento do SERGAS e por ende da Xunta de Galicia, contra a cidadanía de Vigo.
Polo anterior, solicitamos o respaldo do PLENO MUNICIPAL de A GUARDA as reivindicacións plantexadas polas Centrais Sindicais no nome dos traballadores.
Reclamar da Administración Autonómica para que colabore dende os distintos aspectos necesarios para manter en funcionamento ditas instalacións
Remitir dito Acordo Plenario o Presidente da Xunta, Consellería de Sanidade e Cruz Roja
A Guarda, a 12 de Febreiro do 2010

Celso R. Fariñas
Concelleiro-Portavoz
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
Ningún comentario:
Publicar un comentario