O pasado día 20 o Clube de Remo Robaleira debutou na categoría raíña do remo na contrareloxo de Coruxo que gañou Tiran S.D.
Nunha regata (contrareloxo: saída cada minuto) intrascendente onde o obxetivo para o clube era a de faer un adestramento máis e cometer erros para poder traballalos, a clasificación foi a esperada quedando de 15º debido o ritmo e a un gran despiste na traxectoria da regata, que causou que nosos remeiros fixeran moitos máis metros.
Miguelorio Vicente González / A Guarda
Hai que reseñar que para o 90% dos remeiros era a primeira regata de traíñas que faían e momentos antes da saída notábanse os nervos e as dudas no aire. Por outra parte o ritmo medio en toda a regata foi de 26 paladas sendo a traíña máis baixa, aínda que todo formaba parte do adestramento. En xeral as sensacións do barco foron moi boas e os erros cometidos sérvennos para marcar as pautas de mellora.
Despóis do debut, os adestradores Miguel V. e Ivan T. dicen: “Cando teñamos que competir, imos estar dando o callo. Confiamos nos remeiros e non temos equipo para andar de carro de cola.”
Chea de xente xobe a Traíña de Robaleira seguirá no mar, adestrando con máis ilusión e ganas que nunca.
Dende aquí e dende a páxina do clube www.robaleira.com tamén queremos agradecer en especial os nosos colabouradores que sen eles isto non sería posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario