NOVA SINALIZACIÓN DA REDE NATURA NO BAIXO MIÑO
Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)
A Consellería de Medio Rural, por medio do Servizo Provincial de Conservación da Natureza, procedeu a colocar novos panéis indicadores da Rede Natura 2000 no Baixo Miño. Ata agora os únicos panéis existentes que facían mención a esta zona eran tres, dos que soamente quedan dous, colocados hai uns cinco anos.
Pensamos que tampouco estaría mal que os panéis situados en cada tramo da Rede Natura tiveran unha fotografía aérea amosando os límites precisos da mesma para que os paisanos e a xente que visita estes enclaves naturais coñeceran perfectamente por onde vai a mesma. Neste senso ANABAM procederá a enviar sendos escritos á Xunta de Galicia para que teñan en conta esta suxerencia. Cremos que desta forma os panéis conterían maior e mellor información que os da fotografía.

Ningún comentario:
Publicar un comentario