17 de dec. de 2009

BAIXO MIÑO

PRESENZA DO PATO FERUXENTO NO ESTEIRO DO MIÑO
Tadorna ferruginea, pato ferruxento, na Armona (Camposancos, A Guarda), na desembocadura
do Miño.
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam, obtida o 31 de outubro de 2009.
Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)
Dende hai máis dun mes, un exemplar de pato ferruxento paséase pola desembocadura do Miño, fundamentalmente entre o Forno do Duque e a praia de Camposancos.
A presenza deste exemplar e motivo de atracción para moitas das persoas que visitan a zona. Nestes últimos días estase a ver no areal de Camposancos, entre a Armona e a praia do Muíño. O pato ferruxento é unha especie que se pode ver de cando en vez no esteiro do Miño. Estas aves non son propias destas latitudes. Neste caso mesmo podería tratarse dun ave escapada pois permite achegarse a escasos metros dela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario