ESCRIBENTA DAS CANAVEIRAS
(Emberiza schoeniclus lusitanica)
Foto: Robert Scanlon
Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)
Esta escribenta, do tamaño dun pardal, endémica da Península Ibérica, está presente no canaveiral da marisma de Salcidos onde ten o seu lugar de aniñada e onde crece o carrizo (Phragmites australis), zonas naturais que precisa esta escribenta. Esta especie podería estar en regresión no Baixo Miño, polo que se precisaría desenvolver un estudio puntual da mesma. Segundo os estudos realizados polos ornitólogos, a Guarda (marisma de Salcidos) ocuparía o 5º lugar en España pola poboación que acollen, unhas dez parellas, por detrás do Parque nacional das Tablas de Daimiel (90-120 parellas); Parque Natural do Delta do Ebro (50-100 parellas); Dodro (14-16 parellas); Noia-serra de Outes (10 parellas) e A Guarda - O Rosal (10 parellas). Estos resultados pertencen ao I Censo nacional de Emberiza schoeniclus levado a cabo no ano 2005.
A Sociedade Española de Ornitoloxía declarou á Escribenta das canaveiras como Ave do ano 2009, xa que é unha das especies máis ameazadas da Península, onde habitan menos de 400 parellas, dez delas no Esteiro do Miño, na marisma de Salcidos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario