O Plan Funcional da Área Sanitaria de Vigo fundaméntase nun sistema multihospital, que tendo ao novo hospital como nodo central, terá máis de 2.000 camas dispoñibles e maior coordinación coa atención primaria
Infogauda / Vigo
A conselleira de Sanidade explicou as liñas mestras do novo plan asistencial para a área viguesa, que dará resposta con visión de futuro a esta área
Está centrado na especialización de patoloxías prioritarias, nas áreas diagnósticas de alta tecnoloxía e na cirurxía innovadora
Neste sistema multihospital o novo hospital funcionará como xeral e materno-infantil, con alta especialización e referencia rexional, con porta de urxencias única
O Hospital Meixoeiro reorganízase con asistencia oncolóxica integral, coidados mínimos e cirurxía programada; e o Hospital Nicolás Peña asume psiquiatría e coidados paliativos
Respecto de Atención Primaria, o Morrazo e Vigo contarán cun centro de alta resolución, os centros de especialidades da Doblada e Coia aumentarán os servizos adicados a este primer nivel asistencial, e construiranse os centros de saúde de San Paio de Navia e Bouzas
A construción do novo hospital de Vigo ocupa o lugar prioritario dentro deste plan e proxecto e obra licitaranse antes de final de ano, cumprindo o compromiso marcado polo Goberno da Xunta de Galicia
Ler máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario