15 de set. de 2009

GALICIA

Os pacientes transplantados xa non terán que acudir ao hospital para dispoñer da súa medicación


Desde hoxe, grazas a unha instrución do Servizo Galego de Saúde, a dispensación dos inmunosupresores realizarase a través das oficinas de farmacia previa homologación sanitaria da receita
Infogauda / Galicia

Esta nova instrución xa se está a distribuír entre todas as xerencias de Atención Primaria, de Atención Especializada, e nos Colexios Farmacéuticos da nosa Comunidade, entre outros organismos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario