18 de set. de 2009

BAIXO MIÑO

O BNG REUNÍUSE COAS ANPAS DO BAIXO MIÑO


Infogauda / Baixo Miño
A portavoz de educación do BNG no Parlamento Galego Carme Adan e o Responsábel Comarcal do BNG do Baixo Miño Xosé Manuel Méndez reuníronse con representantes das ANPAS de toda a comarca, para analizar a posta en marcha do curso escolar.

Os representantes do BNG deron a coñecer as iniciativas que en materia educativa presentaron no parlamento galego e contrastaron coas ANPAS da comarca a problemática do principio de curso.

A eliminación da gratuidade dos libros de texto, foi un dos temas centrais desta reunión onde coincidiron coas ANPAS, que é un duro golpe para o ensino público, pois o 75 % da población escolar vai perder un dereito do que viña disfrutando. Outros aspectos que analizaron foi a redución de profesorado no presente curso que afecta a varios centros da comarca. Así mesmo coincidiron na demanda de que o transporte escolar para as actividades extraescolares cos seus respectivos acompañantes ten que pagalo a Administración Educativa pois as ANPAS non contan con recursos para abordar este pago.

Nun momento da reunión a Portavoz Parlamentar do BNG animou as asociacións a manter unha postura inequívoca de defensa do ensino público, pois as políticas do PP teñen unha clara intencionalidade privatizadora para acabar concluíndo que a cicatería para dotar aos centros de profesorado necesario ou a supresión da gratuidade dos libros de texto contrasta co despilfarro que se permiten subvencionando “cos cartos de todos os galegos”, a centros que segregan en función dos sexos, pasando por riba de toda a normativa vixente en materia de concertos educativos, tanto da propia lei de Educación, como do decreto que regula a admisión de alumnos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario