VERTIDOS ¿INCONTROLADOS? ENTRE VIVENDAS
Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, no concello de A Guarda, vén de remesar a este xornal dixital, á seguinte nota de prensa:
Dende fai bastante tempo, veciños da zona comprendida dende San Roque a Coruto Vello, veñen reclamando diante do Concello, unha solución aos vertidos dee augas fecais, que dende unha vivenda do lugar saen hacia o exterior, provocando malos olores e convertindo o lugar nun foco de infección, sen que a día de hoxe teñan sito tomadas en conta as queixan que plantexan.
Dende o Equipo de Goberno, levan tempo dando largas ao asunto, prometendo solucións, sen que se teña feito nada por arrancar esta situación.
Os veciños, teñen renunciado a buscar un arranxo amistoso cos propietarios da vivenda que provoca esta problemática, xa que a día de hoxe, o único que escoltan son palabras fortes, e actos de prepotencia, cicais avaladas por haber figurado na candidatura gañadoras das últimas eleccións municipais e estar traballando para o Concello.
Queren facer pública esta situación, e dende Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, imos dar un marxe normal de tempo, denantes de dar traslado destes vertidos a vía pública as instancias que corresponden.
A Guarda, a 21 de agosto de 2009
Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
Ningún comentario:
Publicar un comentario