XEROCK, abriu no Rosal o Ciclo Capacitad@s 2009
Carlos González Blanco / O Rosal
O Ciclo CAPACITAD@s, incluido no Verán Cultural organizado pola Concellería de Cultura do Concello do Rosal, intenta amosar as capacidades das persoas que erróneamente veñen etiquetandose como “sen capacidades” (discapacidade, deficiencia, minusvalía, …)
As persoas somos diferentes, todos e todas temos capacidades; unhas teñen habilidade para desenrolar determinadas funcións na vida , outras realizan de xeito brillante actividades artísticas ou creativas e a maioría cumplimos máis ou menos no noso traballo diario. Temos polo tanto capacidades diferentes, e por suposto, limitacións nalgúns casos evidentes e noutros non tanto.
No San Xerome ó igual que noutras entidades que traballan con persoas marxinadas reivindicamos o noso espazo neste terreo. Temos ventaxa clara en capacidades pouco valoradas na sociedade: sinceridade, espontaneidade, afectividade, … pero tamén pola habilidade para utilizar mecanismos “máis complexos”: como as máquinas de xardinería, ou carpintería, para tocar a batería ou para bailar, na creatividade artística, pintando ou facendo teatro, e tamén unha sensibilidade diferente no respeto a natureza, no coidado as plantas e o medio ambiente … pero sobre todo porque o que construen e crean os nosos mozos e mozas , o fan dende unha perspectiva máis lúdica e festiva, como un logro máis que unha obligación. Disfrutar e traballar, é compatible!
Intentamos demostralo todolos dias no noso traballo, dende os pequenos das Unidades educativas, ata o sector laboral e prelaboral, pasando polo Centro de día (CEDI).
No Rosal, no Auditorio Municipal, durante os tres dias do Ciclo “Capacitad@s”, unha pequena mostra deste xeito diferente de crear.
O pasado domingo abriu o ciclo o documental “Cantos rodados” que o Director Xoel Méndez, define como “unha mostra de coraxe e vitalidade, unha lección de rock”, o público asistente disfrutou coa película e vibrou co mini - concerto “sorpresa” do grupo Xerock .
Este fin de semana, tócalle o turno o grupo de teatro “Xeratrium”, dirixido por Irene Moreira e Alex Sobrino: o sábado 11 de xullo, as 20,30 h. coa obra “Moito ruido e poucas noces”; e o domingo dia 12 as 21 h. coa obra “Cabaré da rua”, unha peza con diferentes números musicais, de maxia, de clown, de baile, onde o fio conductor é unha rua na que descubrimos que os feitos cotiás poden ser sublimes se os ollamos con atención.
Esta obra ven de ser premiada co segundo premio no Concurso estatal de teatro organizado pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) sobre educación vial.
O público terá tempo para rir, para chorar, pero sobre buscamos un obxectivo: o cambio de actitude con respecto as capacidades!

Ningún comentario:
Publicar un comentario