15 de xuño de 2009

A GUARDA

O PRESIDENTE DO INSTITUTO DA FOTOGRAFÍA, IMAXE E DOCUMENTACIÓN DO BAIXO MIÑO, APOIA A PROPOSTA DE NOMEAR FILLO ADOPTIVO DE A GUARDA O PROFESOR E POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO

De esquerda a dereita, a poetisa Chuny Vázquez Vicente; o coleccionista Antonio Martínez Vicente; e Xosé Carlos Gómez Alfaro, poeta e profesor do Colexio PP. Somascos, de A Guarda

Infogauda / A Guarda

No día de hoxe vimos de receber unha nova nota de apoio a proposta de nomear Fillo Adoptivo de A Guarda, o poeta e profesor, Xosé Carlos Gómez Alfaro.

Agás o número de N.I.F., que en cumprimento da lexislación en vigor, a Redacción de Infogauda, decidiu omitir, o texto íntegro da nota de adhesión dí textualmente o seguinte:


D. Antonio Martínez Vicente, con domicilio na rúa Puerto Rico, 23 (36780 A Guarda-Pontevedra), en calidade de Presidente da asociación denominada INSTITUTO DA FOTOGRAFIA, IMAXE E DOCUMENTACION DO BAIXO MIÑO, por medio de este escrito, veño a manifestar o noso respaldo a proposta de dar inicio a tramitación necesaria para a declaración de FILLO ADOPTIVO, ao poeta, educador e amigo, Xosé Carlos Gómez Alfaro.



A Guarda, a 15 de Xuño do 2.009


Antonio Martínez Vicente

Ningún comentario:

Publicar un comentario