10 de xuño de 2009

CULTURA


A débeda de Picasso



Aínda a pesar da súa fama de megalómano, resulta que Picasso sentiu ao longo da súa vida unha profunda admiración por outro pintor que non foi el mesmo: Paul Cézanne. Non é para menos se se ten en conta todo o que o xenio malagueño debe ao francés; para empezar, a orixe do cubismo. Sen Cézanne, Picasso non hubera existido como tal e agora, unha exposición no Museo Granet en Aix-en-Provence, ao sur de Francia, fálanos da admiración sentida cara ao que Picasso considerou o seu "único e singular mestre". A simultaneidade de puntos de vista, xunto coa fragmentación da realidade en volumes xeométricos, son os fundamentos básicos nos que se sustenta o cubismo inicial: o denominado cubismo cezaniano. Aínda que é verdade que Picasso é o artista estandarte da corrente, Cezanne -"catalogado" pola historiografía artística como o pai da arte moderna- está considerado o iniciador da mesma. Na súa famosa Montana de Santa Vitoria podemos atopar o primitivo manifesto do movemento que máis tarde desenvolverán artistas como Braque, Juan Gris ou o propio Picasso, quen ademais sentía unha profunda admiración e respecto polo mestre provenzal. As similitudes entre a produción de ambos é clara, como pon de manifesto a exposición proposta polo Museo Granet, aínda que Picasso sempre se mantivo a unha respectuosa distancia do francés non incorrendo na imitación, como si fixo con artistas como Delacroix, Manet ou Ingres. Picasso o que fará é tomar os descubrimentos de Cézanne en materia de composición e aprehensión da percepción visual; dous temas nos que Cézanne demostrou un profundo interese e cuxa investigación permitiulle desenvolver unha evolución propia sorprendente, unha vez á marxe do impresionismo pero a partir da bagaxe adquirida durante o exercicio do mesmo. A mostra "Picasso-Cézanne" establece un fío condutor a través da relación de ambos os mestres e as súas semellanzas formais mediante a mostra de algo máis dun centenar de obras, onde pode apreciarse a fonte de inspiración que Cézanne constituíu para o español e o sentido desexo de homenaxe deste cara ao que consideraba o seu mestre. A exposición, que estará aberta ata o 27 de setembro, conta co aliciente de poder gozar dalgunhas das grandes obras do cubismo e a apertura ao público, por primeira vez, do Castelo de Vauvenargues.
Máis información: Musée Granet

Fonte: artelista.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario