13 de xuño de 2009

AMNISTÍA INTERNACIONAL




Move un dedo polos Dereitos Humanos


Amnistía Internacional / Galicia

Amnistía Internacional lanza unha nova liña de Artigos Dixitais para que convertas o teu ordenador nun símbolo de denuncia
• Esta nova liña de “Artigos Dixitais” de Amnistía Internacional promove o activismo polos dereitos humanos dende calquera ordenador, cun simple ¡clic!
• Con esta divertida iniciativa, Amnistía Internacional inaugura unha nova forma de reivindicar os dereitos humanos a través da súa tenda on line:
www.actuaconamnistia.org/tienda
• Podes descargar os “Protestóns”, bonecos recortables con mensaxe, e os Salvapantallas polos Dereitos Humanos”, unha recopilación de clips de videoarte que xira entorno á Declaración Universal de Dereitos Humanos, por só 1€.
• Este microdonativo é útil para que Amnistía Internacional, que non solicita subvencións nin recibe fondos de ningún goberno nacional, poida continuar coa súa loita a favor dos dereitos humanos, mantendo a súa independencia.
Madrid.- O ordenador tamén é unha potente ferramenta de defensa dos dereitos
humanos. Durante anos, amosámoste como con un só clic podes apoiar que unha
lapidación non se produza, colaborar para que se acabe coa pena de morte a menores ou lograr a liberación dunha persoa encarcerada inxustamente.
Agora damos un paso máis co lanzamento dunha nova liña de “Artigos Dixitais” que
converterán o teu ordenador non só nunha ferramenta, senón tamén nun símbolo da loita contra a inxustiza e a desigualdade. Se trata dos “Protestóns”, bonecos recortables con mensaxe de protesta; e os “Salvapantallas polos Dereitos Humanos”, pezas de videoarte que reproducen os artigos da Declaración Universal.
Todos eles a un prezo de só 1 euro.
“Os produtos que hoxe lanzamos queren acompañar aos cibernautas onde máis tempo pasan: diante do ordenador, ben na pantalla ou xunto ao teclado. O noso obxectivo é que todas as persoas, e en todo momento, ata realizando as súas tarefas cotiáns, poidan aportar o seu grao de area na nosa loita por defender os dereitos humanos” asegura Alberto Estévez, voceiro de Amnistía Internacional.
Os Protestóns: Non cales, di o que pensas Os Protestóns son bonecos recortables con mensaxe. Podes descargalos dende
www.actuaconamnistia.org/tienda, recortalos, montalos e xa están listos para aparecer no tu escritorio. Estes bonecos protestan contra a censura, contra a pena de morte e contra a discriminación das minorías sexuais.
“Cantos máis sexamos, cantos menos calen, máis presión se fará aos gobernos e institucións para que traballen por un mundo máis igualitario e máis xusto”, afirma Alberto Estévez.

Os Salvapantallas polos Dereitos Humanos:
Os teus dereitos na túa pantalla Os Salvapantallas converten a Declaración Universal dos Dereitos Humanos en pezas de videoarte. Xa están dispoñibles na tenda on-line de Amnistía Internacional os 12 primeiros artigos da Declaración.
Periodicamente a organización incluirá novas creacións. A igualdade ante a lei, a abolición dos
malos tratos e a tortura, o dereito á vida ou a liberdade de expresión son dereitos humanos
irrenunciables que aparecerán na túa pantalla para que o teu rato nunca permaneza inmóbil fronte ás inxustizas.
Unha campaña que une Tecnoloxía e Dereitos Humanos Amnistía Internacional é unha organización pioneira na utilización da tecnoloxía para defender os dereitos humanos. Son célebres as súas ciberaccións que mobilizaron a millóns de persoas para presionar a gobernos e institucións por causas concretas ou a súa Rede de Accións Urxentes, que permite actuar en tempo récord para denunciar abusos de dereitos humanos de persoas individuais.
Esta nova liña de “Artigos Dixitais” continúa esa liña de traballo e ofrece a oportunidade a calquera persoa de dispoñer de artigos de protesta e reivindicación por só 1 euro. Abonda con entrar na tenda on-line da organización
www.actuaconamnistia.org/tienda para coñecelos.
Preséntanse todos os Produtos baixo o selo Creative Commons que permite a súa libre difusión sempre que se produza con un fin non comercial.
AMNISTÍA INTERNACIONAL
Amnistía Internacional é un movemento imparcial e independente integrado por persoas, na súa maioría voluntarias, que traballan para que se respecten os dereitos humanos en todo o mundo. Foi fundada en 1961. Desenvolve o seu traballo con absoluta independencia económica e política. É unha organización que optou por renunciar ás subvencións de gobernos nacionais e ás doazóns de partidos políticos co obxectivo de preservar a súa imparcialidade e liberdade de acción. A sección española naceu en 1978 e conta con máis de 55.000 membros. A súa visión é a dun mundo no que todas as persoas gozan de todos os dereitos humanos proclamados na Declaración Universal de Dereitos Humanos e noutros instrumentos internacionais de dereitos humanos. A súa misión consiste en realizar labores de investigación e acción centradas en impedir e pór fin aos abusos graves contra todos os dereitos humanos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario