OS CONCELLEIROS DO GRUPO MUNICIPAL TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL, PROPOÑEN APLICACIÓN DO REGULAMENTO DE LIMPEZA PÚBLICA E DE RECOLLIDA DO LIXO
Infogauda / A Guarda
Os concelleiros Celso Rodríguez Fariñas e Isabel Lidia González Alonso, do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, no Concello de A Guarda, veñen de presentar a seguinte proposta:
Ainda que o noso Concello contempla unha serie de medidas de higiene e ornato a través do Regulamento de Limpeza, a realidade é que as farolas de alumeado, as marquesinas e sinais indicativas e de tráfico, amosan unha imaxe que contradí o que pon o texto da mesma.
Dende fai bastante tempo, en todas elas atopamos publicidade comercial de distintos negocios, destacando principalmente o de diversas inmobiliarias e centrol de diversión, que afean o noso pobo, e que deterioran ditos elementos. O texto do Regulamento, é bastante específico e claro:
Artigo 7.- Limitacións da publicidade na vía e equipamentos públicos:
1.- Non está permitido realizar actos de propaganda ou publicidade que comporten o lanzamento de carteis, follas ou calquera outro elemento impreso nas vías e nos espacios públicos.
2.- Tampouco está permitido realizar actos de propaganda ou publicidade que comporten pegar, prender ou pendurar carteis, facer pintadas e pór folletos nas fachadas dos edificios públicos ou no mobiliario e no equipamento urbanos ( farois, marquesiñas, contenedores,...)
3.- Serán responsables da infracción das normas contidas nos dous apartados anteriores os que promovan ou xestionen aqueles actos, e, na falta deles, as persoas ou entidades a prol das que fagan a publicidade. O estado de deixadez e abandono que amosa unha boa parte deste mobiliario urbán, presenta unha faciana que dista moito da que debería ter unha localidade que quer ser referente turístico nacional.
Por todo elo, dende o Grupo Municipal de TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a propoñer ao Pleno a seguinte MOCION:
A).- O Concello de A Guarda dará inicio de inmediato a unha campaña de limpeza e restauración do mobiliario urbán, a fin de amosar a mellor das súas imaxes cara a tempada de verán, no que recibiremos unha boa cantidade de visitantes.
B).- O Concello de A Guarda, procederá a remitir notificacións escritas aos comercios e negocios que teñen instalado nos béns públicos distinto e diverso material publicitario para que procedan a retirada do mesmo.
C).- Naqueles casos en que se faga omisión da notificación dar inicio os procedementos legais e aplicación do Regulamento de Limpeza Pública.
A Guarda, a 19 de maio do 2.009
Celso R. Fariñas - Isabel Lidia González Alonso
Ningún comentario:
Publicar un comentario