1 de abr. de 2009

A GUARDA NON PUBLICITA AXEITADAMENTE IMPORTANTES EVENTOS

A Semana Santa guardesa, as Alfombras do Santísimo e as Festas do Monte Santa Trega, ben merecen contar cos respectivos e artísticos carteis




Infogauda / A Guarda


Desde fai algúns anos, a tradición do cartelismo artístico semella ir esmorecendo no termo municipal de A Guarda, pobo que posúe unha acreditada tradición e calidade no nobre oficio das Artes Gráficas.
Na vila do Trega, ademáis doutros traballos publicitarios, e mesmo prensa semanal, editáronse fermosísimos carteis que contribuiron non soio a espallar varios eventos, senón a darlles un maior realce. Curiosamente, cando os recursos económicos eran máis limitados, os carteis non se deixaban de imprimir, rivalizando todos eles en beleza, coorido e deseño. Inespricablemente, sen xustificación de ningún tipo, o concurso de carteis da Festa do Monte Santa Trega deixaron de convoca-lo. Como queira que algunha voz autorizada, fixo pública súa crítica a que se deixase de convocar o certame de carteis do referido evento festivo, e mesmo houbo quen se brindou a deseñar o cartel de xeito altruista, algún persoeiro afirmou - como se pode comprobar nas hemerotecas - que o concurso voltaría a convocarse. Non foi preciso agardar moito para comprobar que empregou a falla de verdade para tentar calar bocas. O concurso non voltou a convocarse. E dese xeito, polo de agora, tan soio subsisten na Guarda, dous certames de carteis, ambolous de convocatorias gastronómicas.
Feita esta introducción, queremos salientar que A Guarda conta con outros eventos, que ainda non sendo festivos nin gastronómicos, ben merecen contar cos respectivos carteis. Referímonos a Semana Santa é as Alfombras do Santísimo. No primeiro caso, coidamos que sen rexeitar o cartel que informa dos horarios das procesións e outros actos relixiosos - que mesmo poderían espallarse mediante dípticos ou trípticos -, hoxendía a Semana Santa guardesa bén merece un cartel que motive a tódalas persoas que o vexan - para iso hai que espalla-lo coa debida antelación - a visitar A Guarda nesas datas. Non esquezamos - nomeadamente os que ostentan representacións municipais e contan con xenerosas retribucións crematísticas decididas por eles mesmos coa connivencia máis ou menos tácita, dos seus correlixionarios -, que a Semana Santa pode resultar determiñante, para o sector hosteleiro, de cara a tempada estival.
En maior ou menor medida, o traballo veciñal que nos permite disfroitar da beleza das alfombras de frores e de sal, que locen nas rúas guardesas por onde pasa a procesión do Santísimo Sacramento, tamén contribúe o engrandecemento de A Guarda, e son moitas as persoas que acuden a vila guardesa, no domingo seguinte a festividade do Corpus. Pois bén, ese evento que reflicte a devoción guardesa feita Arte efímera na rúa, tampouco conta con un cartel. Fai anos que o Concello guardés deixou de edita-los. Unha mágoa.
Así as cousas, non é de estranar que a cidadanía adoite pronunciarse democráticamente nas urnas, cando tén oportunidade. Actuando como considera oportuno, diante da falla de sensibilidade que algúns persoeiros teñen acreditado reiteradamente. Porque, non chega con adoitar unha pose interesada diante das cámaras fotográficas para aparentar. Nin chega tampouco con participar en certos eventos, cando o discurso - a outro nivel - é ben distinto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario