FOGOS DE LUCERÍA CHINESES??? Fotografías: Flores
Grazas a magnífica reportaxe fotográfica que un lector de Infogauda vén de remesar a redacción deste xornal dixital, xunto coa súa oportuna opinión sobor do estado de sucidade no que se atopan varios lugares do contradique do porto de A Guarda, logo da tirada de fogos de lucería do pasado luns, día 10 de agosto; e a vista das devanditas imaxes non cabe dúbida que algúns, unha vez máis, non foron todo o profesionais que deberan, sobor de todo, porque voltaron - segundo o noso informante - a incorrer no mesmo "erro" de anos precedentes. O curioso é que os organizadores das Festas do Monte Santa Trega, véñenlle dando carta branca, desde fai non pouco anos. Coidamos que visto o visto, non estaría de máis relembrarlles a quén corresponda que en Galicia hai outras 25 pirotecnias máis. E xa non digamos no veciño Portugal. Agora que para mestres da pólvora, non hai coma os chineses, os que se lles atribúe súa invención. De tódolos xeitos, coa chamada globalización, os chineses tamén están "presentes" en algunhas tiradas de fogos de lucería. Preman nas imaxes deste comentario e tiren - se lles parece - súas própias concrusións, porque coidamos que hai datos moi significativos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario