21 de maio de 2026

VIGO

CORRELINGUA 2026: FESTA CORRELINGUA VIGO 

 Vigo acollerá este venres día 22 a súa grande Festa Correlingua coa participación de vinte e seis centros de ensino de Vigo, Gondomar, Ponteareas e Salvaterra de Miño


Samuel Merino/Vigo

 O pasado 5 de maio comezaron as Festas da 26ª edición do Correlingua, que veñen percorrendo Galiza durante todo este mes para reivindicar o uso da nosa lingua. Cun lema contundente que apela non só a este carácter reivindicativo senón tamén á emoción e ao sentimento de pertenza, o alumnado dos centros de ensino de todo o país alzará a súa voz coas súas mensaxes e o manifesto creado entre todas a prol do galego. 

 Sen deixar a un lado a celebración, as carreiras pola lingua desenvolveranse nun marco de festa no que a música terá un papel central. 

 Vigo acollerá este venres día 22 a súa grande Festa Correlingua coa participación de vinte e seis centros de ensino de Vigo, Gondomar, Ponteareas e Salvaterra de Miño, cuxo alumnado gozará das actuación dos grupos musicais Música Miúda e Zeltia Irevire. 

 A Festa contará, ademais, na lectura do Manifesto Correlingua, coa participación da Once, acción que forma parte da campaña de "Actividade de sensibilización do club de braille da Once”. 

O acto estará conducido polo artista Fran Rei. 

- Data: xoves, 21 de maio de 2026 

- Lugar e horarios de celebración: Parque de Castrelos 

- Auditorio - Palco Pequeno. 

ESPECTÁCULO 

● 10,30h: PRESENTACIÓN a cargo de Fran Rei 

● 10,45h: ACTUACIÓN Música Miúda 

● 11,25h FIN DO ESPECTÁCULO de infantil e ‘’despedida’’ de Fran Rei 

● 11,35h: Saúda de Sergio Álvarez (ex xogador do Celta) 

● 11,40h PRESENTACIÓN e lectura do Manifesto a cargo de Juan Cadavon (ONCE) e Fran Rei 

● 11,45h ACTUACIÓN Zeltia Irevire 

● 12,20h FIN DO ESPECTÁCULO Zeltia Irevire e despedida de Fran Rei

- Centros de ensino participantes: 

VIGO: CEIP Balaídos, Colexio Andersen Augalonga, CEIP Otero Pedrayo, IES Politécnico, IES Alexandre Bóveda, IES San Tomé de Freixeiro, CEIP Virxe do Rocío, CEIP Seis do Nadal, CPR Bouza Brey, EEI Rúa de Aragón, IES A Guía, IES do Castro, CPR Escuelas Nieto, CEIP A Doblada, Colexio Alborada, CPR Quiñones de León, CEIP Plurilingüe Carballal Cabral, IES Carlos Casares, IES Castelao, CEIP Canicouva, CEP Igrexa de Valadares, CEIP Ría de Vigo, CEIP Chans Bembrive. 

GONDOMAR: IES Terra de Turonio. 

PONTEAREAS: IES do Barral. 

SALVATERRA: IES Salvaterra de Miño 

• Organizan: CIG-Ensino coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio Pedagóxica Galega (AS-PG) 

• Entidades públicas e empresas colaboradoras: Concello de Vigo na súas áreas de Normalización Lingüística e Educación. A Deputación de Pontevedra, a ONCE e Eroski.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario