O curro da Valga queda aprazado ao 17 de maio a causa da chuvia
Infogauda / Oia
O curro da Valga, que estaba previsto para este domingo 10 de maio, celebrarase finalmente o vindeiro 17 de maio debido ás previsións de chuvia e meteoroloxía adversa para esta fin de semana.
A cita da Valga marca tradicionalmente o inicio da tempada dos curros galegos e adoita celebrarse o segundo domingo de maio. Porén, as condicións meteorolóxicas previstas obrigaron este ano a buscar unha nova data co fin de garantir o correcto desenvolvemento da xornada.
Do mesmo xeito, a programación de actividades de lecer e divulgación “No corazón dos curros”, prevista tamén para este domingo, trasladarase igualmente á fin de semana do 17 de maio.
Nos próximos días daranse a coñecer os horarios actualizados das visitas guiadas e dos obradoiros incluídos nesta proposta de lecer, organizada por Amodo Turismo baixo a marca Saberes do Monte, coa colaboración do Concello de Oia e das asociacións organizadoras dos curros do municipio.
O Concello agradece a comprensión da veciñanza e das persoas visitantes ante este cambio motivado pola previsión meteorolóxica.

Ningún comentario:
Publicar un comentario