3 de mar. de 2026

VIGO

Resposta Feminista - As que miran lilá

Presentará súa proposta de mobilización en Vigo


            

 

Resposta Feminista - As que miran lilá / Vigo

 As mulleres e organizacións integrantes de Resposta Feminista - As que miran lilá, informamos de que o vindeiro xoves 5 de marzo ás 12:00 no local de A Morada (rúa Enrique X. Macías, 6, Freijeiro, 36203, VIGO), celebraremos unha rolda de prensa para presentar a nosa proposta de mobilización en Vigo, de cara o vindeiro 8 de marzo, día internacional das mulleres traballadoras.  

 Chamaremos a todas as mulleres da comarca, e á ciudadanía en xeral, a ocupar as rúas na gran manifestación do 8M que sairá ás 18:00h da praza dos Cabalos, baixo o lema “FRONTE AO MEDO E AO FASCISMO, A RESISTENCIA É FEMINISMO”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario