López Campos lembra a Camilo José cunha ofrenda floral nun ano no que se celebra o 75 aniversario da publicación de ‘La Colmena’
Infogauda / Iria Flavia (Padrón)
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na homenaxe a Camilo José Cela, celebrada no cemiterio de Iria Flavia, en Padrón, con motivo do 24 cabodano do escritor. Un acto no que o representante da Xunta de Galicia volveu resaltar “o importante papel que ten a súa fundación na preservación do seu legado e para a nosa cultura a través das súas diversas iniciativas”.
Así, tal e como subliñou López Campos, con esta ofrenda floral desde o Goberno galego lémbrase ao Premio Nobel, unha das figuras máis relevantes da literatura galega ao redor do que se realizarán varias propostas culturais nun ano no que se celebra o 75 aniversario da publicación dunha das súas obras máis recoñecidas, La Colmena, que viu a luz en Arxentina en 1951.

Ningún comentario:
Publicar un comentario