Os Bolechas presentarán na Guarda o seu novo xogo
• O próximo martes 23 de decembro, ás 12:00h no Centro Cultural. Todos os asistentes recibirán un xogo gratis
Infogauda / A Guarda
O próximo martes 23 de decembro, ás 12:00h no Centro Cultural, haberá unha visita sorpresa: os Bolechas.
Estes coñecidos irmáns veñen presentar o seu novo xogo: Os Bolechas coñecen a provincia de Pontevedra e o territorio transfronteirizo.
Dese xeito poderase coñecer a esta familia. Ademais, as persoas asistentes levarán un xogo de regalo para así gozar en familia neste Nadal, aprendendo sobre o nosos veciños galegos e portugueses.
Esta actividade conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario