8 de xul. de 2025

A GUARDA

Cursos de balde de informática e de teléfonos intelixentes para pequenos e grandes   

A mecanografía, edición de textos e manexo de ordenador son as principais habilidades que se ensinarán nos cursos  




Infogauda / A Guarda 

 A aula CeMIT de A Guarda ofrece este verán cursos para adultos e nenos para iniciarse en ferramentas tecnolóxicas, que son básicas e imprescindibles a día de hoxe.  

 Para as persoas adultas, o curso céntrase no manexo do ordenador, internet, edición de textos e mecanografía, e tamén no manexo do teléfono móbil.  

 Para as nenas/os ofrécese un curso en informática para aprender a ter un manexo do ordenador moi útil na súa vida escolar: mecanografía, edición de textos, presentacións e actividades...

 Os cursos son gratuítos e comezarán o próximo luns 14 de xullo e estenderanse ata o 12 de setembro. Para pedir máis información sobre horarios e/ou inscribirse, as persoas interesadas poden achegarse ao Centro Cultural. 

 Todos os cursos impartiranse na aula CeMIT, ubicada no Centro Cultural, sito na rúa Rosalía de Castro, nº 14 (A Guarda).

Ningún comentario:

Publicar un comentario