9 de xul. de 2025

A GUARDA

Continúan os traballosna pista multideportiva da Atalaia  

O Concello está a renovar completamente a pista multideportiva tras o cambio de varanda  


O alcalde e membros do goberno municipal co persoal operario que está traballando na renovación integral da pista multideportiva da zona da Atalaia

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda  

 O Concello de A Guarda vén que de facer público que está a realizar “unha renovación integral da pista multideportiva da zona da Atalaia. Hai semanas instalouse no parque de patinaxe unha nova varanda para aumentar a seguridade desta zona de ocio.   

 Con ela, evítase a caída de obxectos cara os lados e presenta unha mellor ancoraxe para aumentar a súa resistencia e duración ante o alto uso e afluencia de mocidade. Nos últimos días estívose a traballar na pista multideportiva, dándolle un cambio de cara total.  

 Cambiaranse as porterías e canastras da pista multideportiva, xa que ante o uso e os efectos do mar e do tempo presentaban un alto desgaste. Deste xeito, as instalacións estarán listas para que mozos e mozas desfruten delas durante todo o verán”.  

 “Son intervencións que eran necesarias, pois agora coa chegada do verán aumentan os usuarios destas pistas e había puntos que eran inseguros para eles. Ademais, a comezos de agosto teremos o Galifornia Beat nesta zona e debe estar nas mellores condicións”, recorda o alcalde, Roberto José Álvarez Carrero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario