APERTURA PRAZO DE MATRÍCULA
• Para o novo curso da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal
Ata o día 20 de xuño, en horario de 16:30 á 20:30 horas, está aberto o prazo de matrícula para o novo curso da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.
A Escola de Música da AMDOR está autorizada pola Xunta de Galicia e figura inscrita no Rexistro de Escola de Música co código de centro 36000843. Poden matricularse nenxs a partir dos 3 anos e sen límitide de idade.
As materias que se imparten son as seguintes:
- Música e Movemento (de 3 a 6 anos)
- Iniciación ó Linguaxe Musical (7 anos)
- Linguaxe Musical (a partir dos 8 anos: 1º, 2º, 3º, 4º)
- Solfexo para adultos
A partir dos 6 anos os alumnos poden elixir instrumento. A escola conta cun importante banco de instrumentos para préstamo nos inicios dos nenxs.
- Instrumento. As clases de instrumento son individuais, agás para alumnado de 6 e 7 anos, que compartirán sesión. Contamos con profesorado específico de cada especialidade: Óboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Fagot, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Violoncello, Contrabaixo e Percusión.
- Instrumentos complementarios: Gaita, Piano e Guitarra (consultar condicións).
- Agrupacións:
Minibanda
Banda da Escola
Combo
Coro Infantil (a partir dos 3 anos)
Coro de Adultos
Música Tradicional
A escola ofrece descontos especiais durante todo o curso para os alumnos de 1º ano nos seguintes instrumentos:
- 50 % de desconto en Trompeta, Trompa ou Trombón
- 100 % de desconto en Bombardino, Tuba e Contrabaixo.
Durante o curso realízanse actividades diversas como audicións, festivais, masterclass, colaboracións ou mesmo campamento de fin de curso.
Aproveita esta oportunidade para que os mais pequenos descubran o marabilloso mundo da música. Estudar música mellora as habilidades cognitivas, fomenta a disciplina e desenvolve a creatividade. Fai que a música forme parte da vida dos teus fillos/as ou mesmo da túa!
Para máis información poden dirixirse a oficina da escola no Auditorio do Rosal ou ben nos teléfonos 986 626 311 ou 609 866 792
Ningún comentario:
Publicar un comentario