MEMBROS DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA DA ÁREA DE VIGO ACOMPAÑARON A REPRESENTANTES DE DISTINTOS COLECTIVOS VECIÑAIS DO HÍO (CANGAS)
No acto de entrega na delegación do Sergas na rúa García Barbón de máis de 600 sinaturas recollidas para reclamar a reapertura do consultorio médico da parroquia
Foto: Cedida
Infogauda / Vigo
Membros da Plataforma SOS Sanidade da Área de Vigo acompañaron hoxe ás persoas representantes de distintos colectivos veciñais do Hío (Cangas) no acto de entrega na delegación do Sergas na rúa García Barbón de máis de 600 sinaturas recollidas para reclamar a reapertura do consultorio médico da parroquia.
Esta infraestrutura sanitaria permanece pechada dende a pandemia, polo que a veciñanza ten que desprazarse ao centro de saúde de Aldán, “o que orixina preocupacións nas familias por non existir un transporte público regular e frecuente entre estas dúas parroquias”.
Por iso distintos colectivos veciñais iniciaron unha recollida de sinaturas para reclamarlle ao xerente da EOXI de Vigo que reabra o consultorio “e que regresen o noso médico e a nosa enfermeira que se atopan desprazados en Aldán”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario