29 de maio de 2024

DEPORTES

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA U. D. RIBERA

Do 27 de maio ao 14 de xuño, abrímosche ás portas para que nos poidas coñecer 

  


U.D. Ribera / Redacción Deportes / O Rosal

 Achégase o final desta tempada e por iso convidámosche a que adestres connosco.  

 Terás dúas semanas para ver desde dentro o traballo da nosa escola de fútbol.  

 E se cho estás preguntando... Sí! Esta experiencia é totalmente gratuíta!  

 Non o dubides, contacta connosco e ven a gozar do fútbol na U. D. Ribera. Non te arrepentirás! 

 Por que a U. D. Ribeira?  

- Somos un club con valores onde a educación e formación van da man. 

- Formación de calidade grazas á área metodolóxica e adestradores titulados e experimentados, onde cada categoría traballa elementos específicos acorde coa súa idade. 

- Dispoñemos dunha área de tecnificación individual. 

- Os porteiros dispoñerán de adestramentos específicos, tan importantes para unha posición tan particular. 

- Coa inscrición, o club fará entrega a cada xogador do equipamento que necesita para adestramentos e partidos de maneira gratuíta, con esta cesión, evitamos a pais e titores un gasto excesivo en roupa tempada tras tempada. 

 Aínda non che convenciches? Se é así, contacta connosco por redes sociais ou de maneira telefónica (651 578 331), resolvemos as túas dúbidas con moito gusto!! 

  O verde é a túa cor! Esperámosche! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario