O GOBERNO MUNICIPAL DE COALICIÓN (PP-ESPAZO COMÚN) SACOU ADIANTE AS PROPOSTAS LEVADAS AO PLENO DE ORGANIZACIÓN DA CORPORACIÓN MUNICIPAL
O alcalde Roberto José Álvarez Carrero, anunciou que durante o tempo que esté como deputado provincial, non percibirá a retribución do concello de A Guarda
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Presidida polo alcalde Roberto José Álvarez Carrero, a corporación municipal do concello de A Guarda vén de celebrar na mañá deste xoves día 13 de xullo, sesión plenaria extraordinaria, de organización da corporación municipal.
No devandito pleno, tomou posesión de seu cargo o concelleiro Rafael Álvarez Martínez, incluído na candidatura presentada polo PSdeG-PSOE ás eleccións locais de 2023, en substitución por renuncia do concelleiro da mesma formación política, Antonio Lomba Baz.
A continuación, no punto 2º da orde do día, a corporación deuse por enteirada do informe de Secretaría - cuxo contido estaba, con antelación, en poder de todos os grupos municipais -, dando conta da lexislación aplicable, no que respecta a estructura orgánica básica dos concellos. Dese xeito, segundo o artigo 20 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, LRBRL, regula así a organización dos Concellos. De acordo cos seguintes criterios:
1º.- Órganos obrigatorios que existen en todos os municipios:
a) O Alcalde.
b) Os Tenentes de Alcalde.
c) O Pleno.
d) A Comisión Especial de Contas.
Asemade, no que respecta ao funcionamento da corporación, o devandito informe de Secretaría indica: "Unha vez completado o proceso de renovación dos membros da Corporación, tras a celebración das eleccións, a actividade municipal debe recobrar o seu ritmo normal no prazo máis breve posible. Para iso é preciso adoptar, polo Alcalde e o Pleno, un conxunto de medidas entre as que se consideran prioritarias, salvo que o Regulamento orgánico estableza outra cousa, as que figuran recollidas no art. 38 ROF.
O precepto citado resulta de vital importancia, dado que dentro do prazo sinalado nesta norma, dentro dos trinta días seguintes ao da sesión constitutiva, débense convocar, polo Alcalde, e celebrar a sesión ou sesións extraordinarias do Pleno da Corporación que sexan precisas, a fin de resolver sobre os seguintes puntos:
1º.- Periodicidade de sesións do Pleno
2º.- Creación e composición das Comisións Informativas permanentes.
3º.- Nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados que sexan da competencia do Pleno.
4º.- Coñecemento das Resolucións do Alcalde en materia de nomeamentos de Tenente de Alcalde, membros da Xunta de Goberno Local, se debe existir, e Presidentes das Comisións Informativas, así como das delegacións que o Alcalde estime oportuno conferir.
Respecto a periodicidade das sesións plenarias, visto o informe de Secretaría, indicando que segundo o establecido na Lei Reguladora de Bases de Réxime Local (LRBRL), "nos Concellos de municipios de máis de 5.000 e menos de 20.000 habitantes, unha vez cada dous meses"; a Alcaldía, propuxo ao pleno da corporación a adopción do seguinte acordo:
"As sesións ordinarias do Pleno da Corporación do Concello da Guarda se celebrarán cada dous meses, nos meses impares (xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro), e desenvolveranse o último mércores de cada un dos meses sinalados, ás 20.00 (vinte) horas.
Se a citada data fora inhábil o Pleno tería lugar o venres seguinte hábil á mesma hora".
A proposta foi aprobada.
PROPOSTA DA ALCALDÍA DE CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS PERMANENTES
Crear a Comisión Especial de Contas e Asuntos Económicos, que terá por finalidade o exame, o estudio e informe da Conta Xeral e demais contas anuais, así como os asuntos relativos a economía e facenda do Concello, de conformidade co establecido na lexislación reguladora das entidades Locais,
A composición da devandita comisión, farase na forma establecida nos Art. 66.2 e 68 da Lei 5/97, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, estando integrada por todos os grupos políticos do concello, en numero proporcional a súa representatividade, sendo a súa composición a seguinte:
- Presidente o Alcalde ou concelleiro en quen delegue.
- PP:. 4 membros.
- BNG: 3 membros.
- PS de G-PSOE: 2 membros
- ESPAZO COMÚN: 1 membro.
Crear a Comisión Informativa de Asuntos Plenarios, que terá por finalidade o estudio e ditame dos asuntos que deban someterse a decisión do Pleno ou da Comisión de Goberno cando actúe por delegación deste. Así mesmo, poderán intervir en relación cos asuntos que deban someterse á Xunta de Goberno Local cando este órgano lles solicite ditame.
A composición da devandita comisión, farase na forma establecida nos Art. 68 e 66.2 da Lei 5/97, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, estando integrada por todos os grupos políticos do concello, en numero proporcional a súa representatividade, sendo a súa composición a seguinte:
- Presidente o Alcalde ou concelleiro en quen delegue.
- PP: 4 membros.
- BNG: 3 membros.
- PS de G-PSOE: 2 membros
- ESPAZO COMÚN: 1 membro.
Crear a Comisión Informativa de Urbanismo, que terá por finalidade o estudio, informe e consulta de tódolos aqueles asuntos urbanísticos que sexan competencia do Pleno, tales como instrumentos de planeamento. En relación coas materia competencia da Xunta de Goberno Local, darase conta dos acordos adoptados polo citado órgano en materia urbanística.
A composición da devandita comisión, farase na forma establecida nos Art.68 e 66.2 da Lei 5/97, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, estando integrada por todos os grupos políticos do concello, en numero proporcional a súa representatividade, sendo a súa composición a seguinte:
- Presidente o Alcalde ou concelleiro en quen delegue.
- PP: 4 membros.
- BNG: 3 membros.
- PS de G-PSOE: 2 membros
- ESPAZO COMÚN: 1 membro.
A proposta foi aprobada.
PROPOSTA DE ALCALDIA DE ASIGNACIÓN A GRUPOS POLÍTICOS
De conformidade co establecido no artigo 73.3 da Lei 11/1999 , de 21 de abril , de modificación da Lei 7/85, de 2 de abril Reguladoras das Bases de Réxime Local, o Pleno da Corporación, poderá asignarse aos grupos políticos unha dotación económica, que deberá contar cunha contía fixa e idéntica para tódolos grupos, e outra variable, en función do número de membros de cada un deles, sen que poidan destinarse ó pago de remuneracións de persoal de calquera tipo ó servizo da Corporación ou á adquisición de bens que poidan constituír activos fixos de carácter patrimonial. Asimesmo, os grupos políticos deberán levar unha contabilidade específica da devandita dotación, que poñerán a disposición do Pleno da Corporación sempre que este o pida.
Por todo o antedito, proponse o Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:
Asignar a cada un dos grupos políticos con representación na Corporación unha cantidade fixa mensual para cada un deles de 150,00 Euros, (cento cincuenta euros) e 50 euros (cincuenta euros) por cada concelleiro do grupo respectivo.
A proposta foi aprobada.
PROPOSTA DA ALCALDÍA DE INDEMNIZACIÓNS POR ASISTENCIAS A SESIÓNS DE ÓRGANOS COLEXIADOS
Examinado o procedemento incoado para sinalar as retribucións e indemnizacións ós membros deste Corporación, con base no preceptuado no Art. 75 da LBRL e 13 do ROF, estudadas as características peculiares deste Concello, formulase a seguinte proposta:
PRIMEIRO.- As contías que percibirán os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva nin parcial por asistencias a órganos colexiados serán as seguintes :
-Por asistencia a Sesións Ordinarias e Extraordinarias do Pleno da Corporación: 125,00 euros.
-Por asistencia a Sesións da Xunta de Goberno Local: 100,00 euros.
-Por asistencia a Comisións Informativas: 100,00 euros.
A proposta foi aprobada.
PROPOSTA DA ALCALDÍA DE RETRIBUCIÓNS POR DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS E PARCIAIS.
PRIMEIRO.- Establecer para os membros da Corporación no Concello da Guarda as seguintes retribucións polos importes que a continuación se determinan:
1 Dedicación parcial Alcalde-Presidente, cunha retribución anual bruta de 45.000,00 €. O réxime de dedicación mínima necesaria será do 80% da xornada laboral. A xustificación do importe da dedicación parcial ven motivado pola especial responsabilidade atribuída ao señor Alcalde-Presidente, en relación coas súas funcións de representación do Concello, a sinatura de todas as resolucións municipais, a presidencia nata dos órganos colexiados municipais.
1 Dedicación exclusiva concelleiro/a, cunha retribución anual bruta de 33.000,00 €.
1 Dedicación exclusiva concelleiro/a, cunha retribución anual bruta de 33.000,00 €.
1 Dedicación exclusiva concelleiro/a, cunha retribución anual bruta de 33.000,00 €.
A proposta foi aprobada.
En todo caso, o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero fixo público que durante o tempo en que desempeñe seu labor como deputado provincial - que previsiblemente será durante dous anos, xa que a partires dese período, será Lara del Carmen Meneses Álvarez, de Tomiño, quen ocupe seu posto na corporación provincial -, non percibirá do concello de A Guarda á retribución anual bruta antes indicada.
PROPOSTA DE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE NA CRUZ ROJA BAIXO MIÑO
En relación coa designación de representante do Concello da Guarda no Comité Comarcal da Cruz Roja en Baixo Miño, proponse ó Pleno a adopción do seguinte
ACORDO:
1.- Nomear como representante do Concello da Guarda no Comité Comarcal da Cruz Roja en Baixo Miño á concelleira dona María Vanesa Alonso Gándara e como suplente ao concelleiro don Óscar Alonso Álvarez.
2.- Remitir o presente acordo ó Comité Comarcal da Cruz Roja en Baixo Miño.
A proposta foi aprobada.
PROPOSTA DA ALCALDÍA DE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN NOS CONSELLOS ESCOLARES
Pola presente, propoño o Pleno da Corporación o nomeamento dos seguintes concelleiros e concelleiras, como representantes da Corporación nos consellos escolares:
IES A Sangriña: Roberto José Álvarez Carrero (titular); Aser Estévez Cividanes (suplente).
CEIP A Sangriña: Roberto José Álvarez Carrero (titular); Aser Estévez Cividanes (suplente)
CEIP M.R. Sinde: Roberto José Álvarez Carrero (titular); Aser Estévez Cividanes (suplente).
CEIP Solanas: Roberto José Álvarez Carrero (titular); Aser Estévez Cividanes (suplente).
Escola da Gándara: Roberto José Álvarez Carrero (titular); Aser Estévez Cividanes (suplente).
Conservatorio: Roberto José Álvarez Carrero (titular); öscar Alonso Álvarez (suplente).
Colegio San José-Hermanas Carmelitas-Fundación Vedruna Educación: Roberto José Álvarez Carrero (titular); Aser Estévez Cividanes (suplente).
CPR Plurilingüe PP. Somascos - Fundación Educere: Roberto José Álvarez Carrero (titular); Aser Estévez Cividanes (suplente).
Se designan como suplentes ao resto dos concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular.
A proposta foi aprobada.
PROPOSTA DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTE NA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN
Tendo en conta o disposto no artigo 16.1.d) do Decreto 254/2012, de 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacherelato en centros sostidos con fondos públicos: Polo que propoño ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:
1.- Designar como representante do Concello da Guarda na Comisión de Escolarización deste Concello a Roberto José Álvarez Carrero (titular); Aser Estévez Cividanes (suplente).
2.- Notificar o presente acordo á Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
A proposta foi aprobada.
PROPOSTA DESIGNACIÓN DE CONCELLEIROS PARA FORMAR PARTE DA MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO
De conformidade co establecido nos Estatutos da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, que rexen o funcionamento da Xunta de Goberno da mesma, corresponde o Concello da Guarda nomear un concelleiro desta Corporación e o seu correspondente suplente, que xunto co Alcalde represente ó Concello da Guarda na citada Mancomunidade, facendo constar que como suplente da Alcaldía e de conformidade cos estatutos, actuará don Isidro Lomba Lorenzo.
Polo que propoño ó Pleno da Corporación designar como representante do Concello da Guarda na Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño a don Óscar Alonso Álvarez e como suplente a don Fernando Reyes González.
A proposta foi aprobada.
Como era de prever, as propostas da alcaldía foron aprobadas cos votos a favor dos concelleiros/as do Grupo Municipal do Partido Popular e do concelleiro do Grupo Municipal de Espazo Común.
Ningún comentario:
Publicar un comentario