COMUNICADO DO COMITÉ DE EMPRESA DE VITRASA
Desde o comité de empresa de Vitrasa informamos que na reunión desta mañá a dirección presentouse sen ningunha proposta sobre os puntos que se expuxeron hai máis de 15 días. Con esta actitude volve demostrar que non ten ningún interese en solucionar o conflito que afecta gravemente á cidadanía.
Con esta perspectiva a representación do persoal continúa adiante coas mobilizacións previstas, polo que no próximos tres días (31 de marzo e 1 e 2 de abril) o transporte público de Vigo estará en folga.
Desde o comité pedímoslles desculpas de antemán ás persoas usuarias polas molestias que lles poidamos causar, pero exercer o noso dereito de folga é a única maneira de poder reivindicar unhas condicións laborais dignas e un transporte público de calidade.
Hai que lembrar que a obrigación de prestar un servizo público acorde con esta cidade correspóndelle ao Concello.
Convidamos á cidadanía a participar na manifestación deste venres 31 de marzo, que sairá dos Choróns ás 19:30 horas e que rematará na praza de Compostela.
Vigo, 30 de marzo de 2023.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario