29 de nov. de 2022

OIA

Os Socialistas de Oia van presentar a Gerardo Rodríguez Refojos, como candidato á alcaldía de Oia 

 O vindeiro sábado día 3 de decembro ás 14:00h, no restaurante Lugar, de Viladesuso 




Infogauda / Oia

 O vindeiro sábado día 3 de decembro, ás 14:00h, no restaurante Lugar, de Viladesuso, terá lugar a presentación de Gerardo Rodríguez Refojos, como candidato polo PSdeG-PSOE, á alcaldía de Oia.  

 O acto contará coas intervencións de Gerardo Rodríguez Refojos, candidato á alcaldía de Oia, polo PSdeG-PSOE; David Regades, secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE; Carmela Silva, presidenta do PSdeG-PSOE; e de Abel Caballero, alcalde Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). 

 Tralo acto de presentación realizarase un Xantar Socialista con cocido galego, sobremesa e café. Prezo: 25 euros por persoa. Reserva previa no 669 377 685. 

 O acto será retransmitido en directo: https://youtu.be/adncrr3ma9y

Ningún comentario:

Publicar un comentario