29 de nov. de 2022

GOIÁN (TOMIÑO)

Unha película sobre o Irán máis profundo, no cineclub Poleiro 

 O xoves, 1 de decembro,  ás 20:30 no Auditorio de Goián, a película Tres caras, dirixida por Jafar Panahi, un director que ten prohibido facer cine en Irán. 




Rita Alonso / Goián

 O xoves, 1 de decembro, ás 20:30 horas, no auditorio de Goián, o cineclub Poleiro proxectará Tres caras, dirixida por Jafar Pahani.  

 O director, gañador dun León de Ouro, en Venecia, e un Oso de Ouro, na Berlinale, foi condenado en Irán a seis anos de cárcere por asistir as protestas pola detención doutros dous directores de cine. A película foi producida malia a prohibición de facer cine que pesa sobre Pahani dende 2010. Non é a primeira vez que o director, ignora a lei. 

Sinopse: 

 Unha famosa actriz iraniana recibe un inquietante video dunha moza pedindo axuda para fuxir da súa familia. Recurre ao seu amigo o director de cine Jafar pahani para que lle axude a entender se se trata dunha manipulacion. Xuntos, emprenden camiño cara á aldea , nas remotas montañas onde as tradicións ancestrais continúan rexindo a vida local. Pahani consegue retratar a búsqueda con humor e tensión acadando un complexo retrato feminista.  

Premio: Mellor guión no Festival de Cannes.  

 O xoves 12 de xaneiro pechará o ciclo Compartimento nº 6, una fita de Juho Kuosmanen. Unha historia de amor entre dúas persoas distintas.  

Sinopse: Unha xove universitaria finlandesa viaxa a Moscú en tren para ir a un xacemento arqueolóxico. Terá que compartir o compartimento  cun descoñecido, un mineiro ruso. Unha relación de dous seres completamente opostos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario