28 de nov. de 2022

A GUARDA

DEFENDAMOS A SANIDADE PÚBLICA

 Concentración na praza de Avelino Vicente, o mércores día 30 de novembro, ás 8 da tarde




A Plataforma SOS Sanidade Pública da Área Sanitaria de Vigo e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda queren chamar á cidadanía a participar o día 30 de novembro na concentración convocada ás 19h, na Praza de Avelino Vicente para salvar e fortalecer a Atención Primaria e a todo o Sistema Sanitario Público Galego, ameazado polas políticas de recortes e desmantelamento da Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade.

 A poboación sofre importantes trabas e limitacións para acceder e ser atendida nos Centros de Saúde, PAC e Servizos de Pediatría de Atención Primaria; soporta listas de espera de días ou semanas e consultas masificadas; o peche de PAC e centros de saúde rurais; a perda da promoción, prevención, promoción, rehabilitación e atención ás enfermidades crónicas; e o abandono da participación comunitaria.

 Mentres, o persoal dos centros de saúde e PAC esta sometido a condicións de inestabilidade e precariedade laboral e a unha enorme presión asistencial por falta de recursos.

 Por todo iso desde SOS Sanidade Pública convocamos á cidadanía a que demostre o seu rexeitamento ao desmantelamento do Sistema Sanitario Público e en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular na que propoñemos que o Parlamento de Galicia debata e aprobe unha serie de medidas necesarias para por en valor a nosa Atención Primaria.

 Só a mobilización social, en alianza co persoal da sanidade pública, pode frear o deterioro da Atención Primaria.

 Convocamos a toda a poboación e ao persoal da sanidade pública a CONCENTRARSE o día 30 de novembro, ás 19h, na Praza de Avelino Vicente, de A Guarda, en defensa da Atención Primaria e do Sistema Sanitario Público.

A Guarda, 28 de novembro de 2022

 Plataforma SOS Sanidade Pública da Área Sanitaria de Vigo 

 Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario