A Guarda presenta a programación do Nadal 2022/23
· Que comezará este venres día 2 de decembro, co acendido do alumeado do Nadal.
O Concello de A Guarda presenta un ano máis a programación do Nadal, que comezará xa na xornada deste venres día 2 de decembro co acendido do alumeado de Nadal. Un acto que terá inicio ás 18:00h cun pasacalles dende a praza Avelino Vicente e que rematará na praza do Reló co acendido do alumeado e Espectáculo de Pompas ás 18:30h.
A programación do Nadal
continuará as vindeiras semanas con multitude de actividades de todo tipo e para
todas as idades, nas que se inclúen teatro familiar e adulto, concertos, maxia,
animación de rúa, cinema, deporte e xa no mes de xaneiro a tan agardada Cabalgata
de Reis.
DECEMBRO
Venres 2 de decembro ás 18:30h na Praza do Reló
Acendido de Nadal
Espectáculo de Pompas
Pasarrúas previo dende
Avelino Vicente ás 18:00h
Domingo 4 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural
Teatro Familiar: Superheroe
de Fran Rei
Venres 9 de decembro ás 20:30h no Centro Cultural
Teatro para público
adulto: The Witch, da Compañía Diana Sieira
Sábado 10 de decembro ás 16:00h no Clube de Maiores
Concerto de Coro e Grupo
de Gaitas do Clube de Maiores, Xubilados e Pensionistas da Guarda
Sábado 17 de decembro ás 12:00h na praza de Avelino Vicente
Pandereteiras Cantos de
Nadal cos grupos Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e Do Lusco ó Fusco.
Domingo 18 de decembro ás 17:00h na igrexa parroquial
Concerto de Panxoliñas.
Mércores 21 de decembro ás 19:30h no Centro Cultural
Concerto de Nadal de Vento
e Coro dos Alumnos do Conservatorio.
Do 22 ao 24 de decembro polas rúas de A Guarda
Trasnos e paxes do Nadal.
Días 22 e 23, de 17:00 a 20:00h; día 24 de 11:30 a 14:30h.
Xoves 22 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural
Concerto de Nadal dos alumnos de Corda, do Conservatorio.
Martes 27 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural
Mago Rei Midas.
Mércores 28 de decembro ás 17:00h no Centro da Vila
Animación itinerante.
Xoves 29 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural
Concerto Ventos de Nadal, da Agrupación Musical de A Guarda.
Venres 30 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural
Cinema Infantil.
Sábado 31 de decembro ás 17:00h na praza de Avelino Vicente
Carreira de San Silvestre.
XANEIRO
Do 3 ao 5 de xaneiro polas rúas de A Guarda
Carteiros do Nadal.
Días 3 e 4 de 17:00h a 20:00h. Día 5 de 11:30h a 14:30h.
Martes 3 de xaneiro pola tarde polas rúas de A Guarda
Circo de lume.
Xoves 5 de xaneiro pola tarde polas rúas de A Guarda
Cabalgata e visita dos
Reis Mago.s
Sábado 7 de xaneiro ás 17:00h na Alameda
Gladiator Kids.
Ningún comentario:
Publicar un comentario