1 de decembro, Día Mundial do VIH/SIDA
“Igualdade Xa”
Érguete Baixo Miño / A Guarda
Este ano celébrase o Día Mundial do VIH/SIDA baixo o lema “Igualdade Xa”. Un ano máis continuamos recordando á sociedade para tomar conciencia de como o VIH afecta á vida das persoas, para poñer fin ao estigma e á discriminación, mellorando a calidade de vida das persoas que conviven con ela.
Este ano compartiremos, sobre todo, dous compromisos:
- Aumentar a dispoñibilidade, a calidade para o tratamentos, as probas e a prevención do VIH, para todas as persoas reciban a atención que precisan.
- Reformar as leis, políticas e practicas para abordar o estigma e a exclusión.
Para máis información, invitamos a todo o mundo a achegarse ás instalacións de Érguete, tamén a través da páxina web www.erguete.org ou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.
Ningún comentario:
Publicar un comentario