3 de out. de 2022

A GUARDA

A ASOCIACIÓN TITO LEMOS ACTIVA AS CANLES PARA AS ACHEGAS PRO-MONUMENTO AO DOUCTOR JOAQUÍN LEMOS ZUNZUNEGUI

E presenta as primeiras imaxes da obra escultórica que está realizando Magín Xulio Picallo

 



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 En coordinación coa familia do relembrado médico Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui, a Asociación Tito Lemos, vén de facer público o IBAN  (Código Internacional de Conta Bancaria), onde todas as persoas que o desexen, poidan facer súas aportacións económicas para sufragar á realización do monumento, da autoría do escultor Magín Xulio Picallo Durán, que será eirixido  - en data que será dada a coñecer oportunamente -, na vila de A Guarda, moi preto do lugar onde o Dr. Lemos atendía a seus pacientes.

 A conta bancaria - aberta en ABANCA, sucursal de A Guarda - é a seguinte:

 ES60 2080 5038 4030 4003 2524

 Asemade, tamén se poderán efectuar as achegas económicas mediante Bizum, marcando Donación e identificación - indicando o seguinte ID: 06004

 Todas as persoas que realicen seus donativos poden comunicalo a Asociación Tito Lemos enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo:

 titolemosasociacion@gmail.com

 O monumento ao Dr. Lemos, constará dunha base de pedra do país, no que se apoiará un busto de bronce, representando a efixie do prezado médico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario