A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos visitará O Rosal no mes de abril
Atenderá os días 8 e 20 para vehículos agrícolas e o 27 para ciclomotores. As persoas interesadas poden pedir cita previa a través da web sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00
Infogauda / O Rosal
A unidade móbil de
Inspección Técnica de Vehículos desprazarase ata O Rosal o vindeiro mes de
abril para a revisión de diferentes tipos de vehículos. Por un lado, a unidade
móbil 10 de inspección
técnica de agrícolas
estará situada na rúa Simón do Mazo o vindeiro 8 de abril en
horario de mañá (de 09.00 a 13.30 horas) e o día 20 de
mañá e tarde, de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas. Ademais, o mércores 27 de abril a unidade móbil 9 de inspección técnica de
ciclomotores estará diante do
pavillón municipal de 09.00 a 13.30 horas.
As
persoas interesadas xa poden solicitar cita previa:
-
Por
teléfono no 902 30 90 00.
- A
través da páxina web de Sycitv, no apartado Cita previa.
Dende
a inspección técnica sinalan que a admisión de vehículos con características
particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de
revisión regulamentarias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario