6 de mar. de 2022

A GUARDA

A Guarda despediu o Entroido 2022 cun multitudinario e colorido desfile  

Neste 2022 retomouse o Desfile de Carrozas, Comparsas e Grupos e realizouse unha programación de actividades pensada para as crianzas e as familias.

  




Reportaxe fotográfica: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Tras a obrigada interrupción do ano 2021 pola pandemia da Covid-19, A Guarda retomou este ano a programación de Entroido, que finalizou este domingo co Desfile de Carrozas, Comparsas e Grupos.  

 Na Alameda da vila sucedéronse cada día actividades de corte sinxelo, que buscaron fuxir de aglomeracións sen deixar de achegarnos a música e o humor, como ingredientes principais do Entroido.  

 Reservouse tamén un espazo para o tradicional baile de entroido cunha proposta moi especial, o espectáculo Entroidanzas que da man da compañía Pesdelán fixo un percorrido polas músicas e danzas de Entroido de todo o mundo. 

 















 Para pechar a programación este domingo tivo lugar un multitudinario Desfile de Entroido  - que fora aprazado pola climatoloxía adversa do martes día 1  - no que participaron máis de 300 persoas nas diferentes comparsas e grupos, e que saíu coma todos os anos dende a Esquina Famosa ás 17:30h cunha compensación económica fixa para os dezaseis primeiros participantes nas categorías de Carrozas, Comparsas ou Grupos.   

 Este ano, no Desfile de Entroido, contouse coas comparsas: Fuscastrexos, Queen, Georgie Dann, Vikingos Valhala, Queimando Roda, Parodia Sanitaria, Ldanzteka, A Fábrica de xoguetes, Misturando Raíces, A nosa terra, Os da Foz e o grupo A segunda nenez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario