NOTA ACLARATORIA DO PSdeG-PSOE de TOMIÑO
Ante a publicación hoxe de diferentes notas de prensa en distintos medios, o grupo municipal socialista quere manifestar o seguinte: 1°- Fomos coñecedor@s do acontecido na noite do 14 de abril a través dunha publicación subida ás redes sociais.
A raíz de que nin oficialmente nin de maneira persoal se desmentiron as afirmacións verquidas nese post, e ante o malestar que nos trasladan algúns veciños e veciñas, fixemos pública a nosa intención de pedir explicacións en SEDE PLENARIA e, si estas foran inexistentes ou insuficientes, esixiríamos que se asumiran as responsabilidades pertinentes. ISTO NON É MÁIS QUE CUMPRIR COA NOSA OBRIGA DE DARLLE VOZ AOS VECIÑOS/AS QUE O DEMANDAN.
2°- Deixar claro que as responsabilidades neste turbio asunto son exclusivamente da persoa ou persoas implicadas. Que isto non vai de "ARGUMENTOS POLITICOS" como declara o dimisionario, nin ningunha "POLÉMICA POLÍTICA" é a causante da súa dimisión. Están publicadas unha serie de posibles infraccións e ningunha delas foi desmentida publicamente nin se ten presentado probas da súa falsedade. E 20 días despois de acontecer os feitos se presenta a dimisión e resulta que a culpable é a oposición? En base a que, e con que fundamentos, probas ou evidencias se fai esta acusación?
3°-Botamos en falta un comunicado oficial da Alcaldía, ante a evidencia de ter aceptada a dimisión do seu edil. Os cargos PÚBLICOS e POLÍTICOS debemos dimitir se hai razóns para elo, asumindo as responsabilidades e consecuencias dos nosos actos, pero non é normal en democracia culpar á oposición dos erros propios. Polo que entendemos que a Alcaldía de Tomiño está contribuíndo a esta anormalidade democrática, cando permite que se vertan este tipo de acusacións falsas e infundadas co único fin de enfangar, e desviar a atención.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario