A Aula CeMIT de A Guarda organiza novos cursos de alfabetización dixital, de balde
• Información e inscricións no Centro Cultural, no teléfono 986 61 18 50 e no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal
A Aula CeMIT de A Guarda reinicia a súa actividade realizando cursos de alfabetización dixital, como a iniciación á informática, á mecanografía, ao procesador de textos e ao correo electrónico; ademais de outras formacións máis específicas, como o curso básico de xestión de redes sociais para negocios, dirixido a persoas emprendedoras ou que queiran iniciar un negocio, impulsando así a dixitalización das empresas locais.
Todas aquelas persoas que estean interesadas poden solicitar máis información e inscribirse na Aula Cemit de A Guarda, no primeiro andar do Centro Cultural, chamando ao 986 61 18 50 ou no enderezo de correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal
Todos os cursos son de balde e, debido á limitación de aforo pola pandemia e a demanda, poderán realizarse varias quendas.
Sobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TICs e a sociedade da información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello de A Guarda manten en funcionamento a aula CeMIT grazas a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego.
Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario