19 de xan. de 2021

VIGO

CONCENTRACIÓN DE PERSOAL DO ADOS (ATENCIÓN A DOANTES DE SANGUE)

Este mércores día 20 de xaneiro de 2021, de 11:30 a 12:30 horas, diante da delegación da Xunta en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8)

Infogauda / Vigo 

 O persoal asignado ao servizo de Atención a Doantes de Sangue (ADOS) da Xunta de Galiza desenvolverá este mércores día 20 de xaneiro, de 11:30 a 12:30 horas, unha protesta diante do edificio autonómico (rúa Concepción Arenal, 8 - Vigo) para reclamar a subrogación por parte da nova adxudicataria do servizo, o que lle permitiría manter os seus postos de traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario